domingo, 26 de agosto de 2012

XXII





Olympus E-510, 14-42 mm,  f/4.5, 1/50, 14 mm, ISO-100, 28-5-2009, Santiago de Compostela, B/N.
  

 
Definitivamente, non era o que andaban a buscar. Precisaba mercar roupa para ir decente ás entrevistas de traballo. Tiña tres pantalóns vaqueiros de tres anos e medio máis ou menos que lle sentaban moi mal e as mellores camisas tiñan os pescozos desgastados do uso. Porén, os traxes dos escaparates eran, no mellor dos casos, rechamantes de máis. Demasiadas cores pasteis mal combinadas e daríanlle a sensación dun vendedor de coches das series americanas ou dun hooligan dereitoso e acomodado.  
A cabeza bulíalle con pensamentos walterbishopianos e sentiuse raro unha vez máis. Finalmente decidiu coller o bus para volver á casa porque non lle apetecía andar máis. Non puido empregar os bonos e tivo que pagar o billete en metálico. Os asentos estaban todos ocupados. Observou os seus compañeiros. Había moito tempo que só empregaba o coche para moverse. Observou pola fiestra o escaparate unha vez máis e reafirmouse en que nunca sería comercial. 
Na seguinte parada baixaron varias persoas e puido sentar nun asento individual. Cando se aproximou o ancián ofreceulle o asento. O vello aduciu unha escusa, cortés e ferinte. Mañá levarei unha camisola de Manowar ou Blind Guardian. Así verán que o heavy non é violencia.  
Volveu pensar no escaparate. Como alguén con sentidiño podía ir por aí cunha camisa rosa e un pantalóns de cadros?

Nenhum comentário:

Postar um comentário