A Antíoco Epifanes
O mozo antioquense díxolle ao rei:
"No meu corazón latexa un fermoso desexo,
os Macedonios, Antíoco Epifanes,
os Macedonios están inmersos en gran batalla.
Se gañan, a calquera darei
o león e os cabalos, o Pan de coral
e o elegante palacio, os xardíns de Tiro
e todo cando me deches, Antíoco Epifanes".
Quizais se conmoveu un tanto o rei.
Pero cedo lembrou o pai e o irma´na
e non respondeu. Algún espía podería
oís algo. Ademais, nautralmente,
pronto tivo lugar en Pidn o tráxico final.
Konstantinos Kavafis
Tradución de Iolanda Vilarchao