domingo, 19 de junho de 2011

Sospeita

Debe ser que estou morto
e esa sería a causa
de que agora me vexa desde enriba
a catro ou cinco metros de distancia
da miña propia vida.

Vivo unha gerra fría e clandestina
á sombra dun amor que xa non dexenera
noutras insurreccións que xa non dexenera
ou degradada negación do tempo
e non permite que con el se interne
a obseción ou a dor que provocara
o fracaso que se foi infiltrando
fluíndo de insalubres sumidoiros

transformando a miña vida sedada alma
nunha fría fosa séptica sumisa e maina
pero alerta e activa
contaxiosa e letal.

Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995.

domingo, 12 de junho de 2011

Collage Poético



Konstantinos Kavafis, Poemas canónicos


Troianos

Son os nosos esforzos –os dos miserables–,
son os nosos esforzos coma os dos troianos.
Logramos unha mínima vitoria, obtemos
un pequenísimo éxito, e o ánimo e a esperanza
comezan a crecer en nós.

Mais sempre acontence algo que nos frea.
Aquiles xorde da trincheira ante nós
e espántanos a grandes voces.

Son os nosos esforzos coma os dos troianos.
Pensamos que a afouteza e o valor
mudarán a nosa sorte adversa,
e saímos entón ao campo de batalla.

Mais cando chega o momento decisivo
esváense o valor e a afouteza;
a nosa alma treme e paralízase;
e botamos a correr rodeando os muros,
tratando de fuxir para salvarnos.

Mais a nosa caída é segura. Alí enriba,
Sobre as murallas, xa comezaron os laios.
Os recordos e o ardor dos nosos días,
Xa choran con amargor Príamo e Hécuba.



Anna Akhmátova, Só o silencio me responde

O anxo que me protexeu tres anos
alzouse,entre luces e lume,
mais paciente agardo o día máis doce:
o día en que el volverá a min.

Que afundidas as fazulas, que pálidos beizos,
non se pode recoñecer o meu rostros;
é que xa non son bela, non son máis aquela
que un día o turbou cunha canción.

Hai tempo que xa nada temo neste mundo,
e gardo na memoria as verbas da despedida.
postrareime aos seus pés cando entre,
e antes apenas lle dedicaba un saúdo.



Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995

(«Onde está o perigo medra tamén o que salva», pensaba Hölderlin... [Lois  empezaba a sabelo].)


A través do colchón

Virá calada, oculta e con nocturnidade,
chegando desde abaixo a través do colchón,
entre as derivación intuídas e temidas
dunha vírica rebelión interna:
a herdanza que conservo e atesouro
como se fose a miña propia sombra

quinta-feira, 9 de junho de 2011

Publicidade e autobombo

Lois Pereiro ao vivo
 
Ignoramos a autoría desta foto, que se acubilla na Rede.
Unha entrada de autobombo é o minimo que se merece O Castro, a pequena asociación cultural que hai case un ano creamo en Vigo. 
Lanzar un proxecto como este, de reivindicación da nosa cultura, nestes tempos tan duros, é certamente ilusionante.
Con este, levaremos realizado seis. A media de actos, de un por mes desde a presentación pública da asocición en novembro até hoxe,  debe ser calificada como vertixinosa.
 Ao vindeiro acto estades convidadas/os.