sábado, 25 de maio de 2013
Meis é poesía
Meis é poesía é o título dunha escolma de poesía escrita en diferentes alturas históricas, por persoas que teñen pouco a ver entre si e que as une o cariño que senten por Meis. No meu caso, "coeime" nesta antoloxía por acaso, e o meu agarimo non é previo á miña achega, senón simultáneo. Eis o meu traballo:
terça-feira, 21 de maio de 2013
Vídeo - "Cidade"
Há tempo que
venho experimentando com a fotografia como forma de expressão. No entanto, quitada
uma pequena colaboração com o coletivo  Trisquel Art  e algum exercício publicado
aqui, não dei o passo de publicar nada. Com motivo do ato organizado pelo BNG
de Meis para comemorar o Dias das Letras Galegas, preparei, por impulso de
Rosanegra, um vídeo para mostrar uma pequena parte das capturas noturnas de
Vigo. As fotos som minhas, sua a produção. 
Cidade by Fumador Impostado está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported.
Etiquetas:
Cidade,
Fotografía,
Noite,
Videos
segunda-feira, 13 de maio de 2013
Artigo Censurado de Fran P. Lorenzo
Como nenos píos con disfrace de mártir
«Despois de séculos de dominación, a Igrexa Católica aínda non se decatou de que o sincretismo relixioso que practica a galega xente non é un estrago calculado da súa doutrina apostólica e romana senón unha creación propia e singular deste pobo, unha máis. Santiago de Compostela é, nese sentido, un fecundo resultado da batalla histórica entre a ortodoxia vaticana e o paganismo local. Tamén o Camiño. Por iso todas as tentativas de reducir a espiritualidade dese roteiro á expresión unívoca dunha suprema fe en Deus son unha manobra avesa, calculada, para capitalizar un símbolo cultural e humano de Europa, patrimonio de todos así recoñecido. Neste sentido a visita do papa Bieito XVI a Compostela deixa fóra desta celebración aos milleiros de cidadáns que non profesan a relixión católica nin lle teñen lei a un dos patriarcas eclesiásticos que máis ten feito por estigmatizar e arredar do seo da Igrexa aos que non asumen a súa fundamentalista visión da fe e as súas teses retrógradas e lesivas, alérxicas ao tempo no que vivimos.
O desembarco papal non iría máis alá da descortesía política coas  minorías que non o aturan a súa presenza se non fora porque esas  minorías –máis ou menos masivas, pero sempre despreciadas por Núñez  Feijóo– contribúen cos seus cartiños a sufragaren a inminente diatriba  papal, disfrazada de mensaxe de amor.
O pasado domingo, nos diferentes oficios celebrados nas parroquias  galegas, os cregos xa lle esixiron á freguesía o correspondente imposto  revolucionario. A golpe de cepillo, como adoitan facer. Poida que a  vontade das ovellas fora substraída polos seus pastores pero ese,  sinceramente, non é problema dos que non pertencemos á secta; menos  aínda daqueles que nin sequera aspiramos a mudar o eivado rumbo moral da  institución. Se os practicantes queren poñer dez euros ou vinte do seu  peto para avalaren a operación de márqueting da Xunta de Galicia e  coroar un Xacobeo só grande en cifra de turistas, pois adiante. Pero non  é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin  consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará á  cidade de Santiago a invasión das hordas católicas .
Haberá máis efectos colaterais no decorrer desta visita fetichista e  pirotécnica do Papa. A suspensión do espazo civil, a clausura da libre  circulación e o desenvolvemento dun estado de sitio efectivo, entre  eles. Controis policiais, restrición do tráfico e rexistros  domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos  aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito  político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a  todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial.
O alleamento da Igrexa Católica é un feito e velaquí temos un Goberno  que subvenciona as proclamas delirantes e as bombas de racimo  dialécticas da Conferencia Episcopal Española. Os bispos, os que  concelebrarán a eucaristía express do Obradoiro, pedíanlle onte os  cativos que na noite de Halloween –o Samaín céltico, a véspera de Todos  os Santos– vistan precisamente de idem, de santos, e non de meigas, nin  de zombies, nin de caveiras, para “estimular” a vida cristiá e loitar  contra o profano desta celebración tan pouco pedagóxica. Propoño outros  estilismos ben máis edificantes e píos: unha Santa Águeda cos peitos  cortados encima dunha bandexa, unha virxe romana violada, un San  Lourenzo con queimaduras de terceiro grao, ou un San Sebastián, cuberto  de plasma e de saetas.  Se é certo que o sangue dos mártires é semente  da vida cristiá, non sei a que agardan eses pequenos para se sumaren á  festa.»
Fran P. Lorenzo
Fran P. Lorenzo
Etiquetas:
Fran P. Lorenzo,
medios de comunicación,
Textos alleos
Assinar:
Comentários (Atom)

