segunda-feira, 24 de setembro de 2012

XXIII



Máquinas. Olympus E-510, 14-42mm 4/3, 1/160, f/8, 24mm, ISO-100, 23-02-2012. B/N.


Erguéronse fachendosos como columnas de fume dunha cacharela de supersticións de tempos pasados co amencer do pobo e secuestraron as nosas almas como señores do tempo. proclamaron os seus triunfos como definitivos entre sons exultantes de tubas, pífanos, tambores e trompetas e termaron da nosa imaxinación, dándonos ás, e fixeron que soñásemos con agarimar o sol coas xemas dos dedos e mais con navegar as escuridades do océano.

como íamos sospeitar, crédulos, que as nosas ilusión eran unha simple esmola? Mellor aínda, un óbolo co que mercaron a nosa inocencia pola cal quedaron coas nosas almas e as nosas vidas. E cobraron caro ese soldo. Con corpos e con almas. Unhas veces fulminados nun intre fatídico, como unha faísca consumida, as máis, fóronos consumindo de vagar, polo paso inexorábel das horas.

Que son agora? Un revoltallo de ferros oxidados á intemperie. Os entullos dun soño feito fracasar pola súa cobiza e pola desesperación de moitos. Agora xa non nos din nada. Olládeos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário