domingo, 5 de agosto de 2012

XXI

Repasou mentalmente o seu equipo. Levaba de todo. Unha óptica sinxela, un tele e un gran angular, varias tarxetas de memoria e unha batería extra, un flash e unha boa provisión de pillas. Tamén levaba un pequeno pano de microfibra para limpar as lentes. Repasou tamén os consellos que lle deran. Deixouna en auto, porque non tería tempo de ir modificando os parámetros segundo cada momento. Tiña que lle tirar fotos ás faixas, para sacalas completas, reflectindo os slogans e a persoas que termaban delas, e mais facer primeiros planos para que se visen ben as caras. De houber algún incidente, habería de procurar, senón de todos, si ter instantáneas dos principais participantes. Ao final, había que prestarlle especial atención á tribuna e, moi importante, tomar nota dos nomes dos oradores no caderno que gardaba no chaleco. Debía fixarse nos organizadores, porque entre bambolinas sempre hai sucesos curiosos que sempre quedan ben. Finalmente, tiña que moverse canda os fotógrafos dos medios, debía parecer un deles.

Olympus E-510, 14-42 mm 4/3, f/3.5, 1/30, 14 mm, ISO-400, 2 de abril de 2012, Concentración contra os incendios nas Fragas do Eume na Porta do Sol, Vigo. B/N con rexións destacadas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário